Monday 29 de April de 2024

Os deportistas Laura Parada e Álex Vidal estarán cos nenos do Verán Cultural de Riveira


Este venres 26 de agosto, nas actividades do Verán Cultural do Concello de Riveira, no colexio O Grupo, celebrarase unha festa para despedir o mes de agosto.

Baixo o título “Riveira: capital do deporte”, as actividades servirán para exaltar a importancia do deporte e os seus valores, aproveitando o Ano Olímpico.

Para poñer o broche final, ás 12:00 do mediodía a actividade contará con dúas figuras nas instalacións do colexio: a remeira Laura Parada e o taekuondista Álex Vidal, que falarán cos nenos e atenderán as súas cuestións.